Imaxe:

Desnudo

Autores/as:
Cronoloxía:
1940-1948

Espido feminino representado sobre un fondo de paisaxe indeterminada. O espido é un tema moi recorrente na primeira etapa do pintor. Tras a súa etapa formativa en Italia, o seu estilo vese influenciado pola arte de carácter clasicista, propio da Academia. Este espido lembra o mundo mitológico de figuras ampulosas e cheas de sensualismo. Está a medio camiño entre ese clasicismo e as formas, case escultóricas, da estética do granito, herdadas do movemento renovador da arte galego.

Folla técnica

Número de inventario:
928
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1940-1948
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Nu. Feminino
Procedencia:
Depósito: Díaz Pardo, Isaac (12/09/1948)
Medidas:
Con marco: Altura = 96,5 cm; Anchura = 120,5 cm; Profundidade = 4,5 cm
Lenzo: Altura = 77 cm; Anchura = 101 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro