Imaxe:

Desnudo con pez

Autores/as:
Cronoloxía:
1933

Figura feminina de pé sobre unha base cuadrangular. Espida e coa perna esquerda lixeiramente dobrada, suxeita un peixe contra o seu ventre coa man dereita e co brazo esquerdo un pano. Esta obra pertence aos primeiros tempos da súa creación escultórica e con ela logra o Premio Nacional de Escultura en 1933. Aparecen xa algúns dos elementos que definirán a súa obra: o gusto pola representación do corpo humano, a esencialización das formas e o valor dos volumes. Utiliza o mármore puído, de aparencia suave, que obriga á luz para escorregar polas formas. A escultura concíbese como volume e o escultor se despreocupa pola descrición dos detalles e o accesorio. Móstranos unha anatomía maciza e é o volume da peza a que nos dá a referencia espacial. Todos estes trazos resaltan a imaxe de estatua e proporciónanlle un carácter arcaico. Mallo non se inspira nun modelo concreto senón que expón unha escultura como concepción arquetípica.

Folla técnica

Número de inventario:
4896
Materia / Soporte:
Mármore
Autores/as:
Cronoloxía:
1933
Clasificación:
Escultura
Iconografía:
Nu. Feminino
Sala:
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (27/11/1995)
Historial:

Esta obra obtivo no ano 1933 o Primeiro Premio no Concurso Nacional de Escultura convocado polo Ministerio de Instrución Pública.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1953: Exposición Internacional de Escultura ao aire libre, Parque do Retiro, Madrid.
Ano 1975: Exposición Inaugural, Museo Español de Arte Contremporáneo, Madrid, 11 xullo.
Ano 1985: Cristino Mallo: exposición homenaxe, Museo Español de Arte Contemporánea, Madrid, Xaneiro-marzo.
Ano 1991: Galicia non tempo: Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela.
Ano 2012: Gallaecia Pétrea, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Museo de Galicia (Monte Gaiás), Santiago de Compostela, 15-06-2012 a 31-03-2013..

Medidas:
Escultura: Altura = 200 cm; Anchura = 73 cm; Profundidade = 50 cm
Técnica:
Labrado
Puído
Obxecto:
Escultura