Imaxe:

Detalle del órgano de la Catedral de Santiago

Cronoloxía:
1895[ca]

Nos seus anos de estancia en Santiago, Jenaro Carrero visitaba con frecuencia a Catedral para contemplar a súa sobria maxestosidade e tomar notas do natural que despois trasladará ao lenzo en varias ocasións, nas que destaca especialmente o cadro dos Cantores da Catedral co que obtivo mención honorífica na Exposición Nacional de 1895.

Esta pintura do interior da Catedral de Santiago tomado desde o ángulo do cruceiro, presenta un detalle da parte inferior dun dos grandes órganos da Catedral con zonas abocetadas sen acabar. Con el o artista exercítase nas súas grandes preocupacións técnicas: o uso da cor, que limitaba nun principio ás tonalidades terra, siena e ocre, e agora pretende dirixir as súas procuras cara a unha ampliación da paleta cromática con carmines e amarelos aglutinados con outras gamas de cores máis frías. Á vez que tamén experimenta cos seus estudos sobre a incidencia que os efectos lumínicos e os seus reflexos provocan nas distintas partes do órgano.

Folla técnica

Número de inventario:
888
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Doente
Cronoloxía:
1895[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Arquitectura. Interiores
Arquitectura e monumentos
Procedencia:
Asignación. Doazón: Carrero, Josefa (05/04/1948)
Historial:

Sen documentación: segundo datos verbais entraron sobre esta data (Libro de rexistro)

EXPOSICIÓNS:
Ano 1977. Xeración Doente. A Coruña. Colexio Calvo Sotelo. Setembro. Deputación Provincial da Coruña.

Medidas:
Profundidade = 4,5 cm
Con marco: Altura = 51,6 cm; Anchura = 39 cm
Lenzo: Altura = 46 cm; Anchura = 33,2 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro