Imaxe:

El Académico Ángel del Castillo

Cronoloxía:
1937[ca]

Retrato de máis de medio corpo de home sentado nunha cadeira de brazos que sostén un libro aberto entre as súas mans. Loce no peito a medalla de Académico da Real Academia Provincial de Belas Artes da Coruña e viste frac con chaleco. Ao fondo unha parede clara, da que colgan dous cadros e diante un andel con libros.

Folla técnica

Número de inventario:
867
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Triunfante; Realismo
Cronoloxía:
1937[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Asignación. Doazón: Castillo, Ángel del (02/02/1948)
Historial:

Aparecen referencias a Exposicións na parte posterior do cadro, nunha etiqueta, coa información seguinte: Deputación Provincial da Coruña/ Exposición: Pintores ferroláns/ Nº 207/ Autor: Sotomayor/ Título: Retrato de D. Ángel del Castillo/ Técnica e soporte: Óleo/ Mediddas marco_ Bastidor: 110x 90/ Propietario: Museo Provincial de Belas Artes/ Domicilio: A Coruña/ Incidencias.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1980. Exposición homenaxe a Pintores Ferroláns. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo. 15- 30 Agosto. // Ferrol. Sede: Sala do Concello. Setembro.

Medidas:
Con marco: Altura = 143,2 cm; Anchura = 122,8 cm; Profundidade = 10 cm
Lenzo: Altura = 109,8 cm; Anchura = 90,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro