Imaxe:

El alcalde Juan González Rodríguez

Autores/as:
Cronoloxía:
1919[ca]-1932[ca]

O alcalde caricaturizado, de pé e de perfil, ocupa case toda a lámina. Leva pelo a cepillo, gravata a cadros e reloxo de peto. Cabizbajo e pensativo, pecha os ollos a unha figurilla feminina con gorro republicano, que, de lonxe, faille acenos. Pequenos toques de lapis de cor. Representa ao alcalde (republicano) dubidando no momento en que quen era o seu marchante proponlle presentarse como monárquico á alcaldía. D. Juan González Rodríguez (1873-1960), avogado e político, foi alcalde da Coruña en 1919-1920, 1921-1922 e 1931-1932.

Folla técnica

Número de inventario:
3406
Materia / Soporte:
Papel
Tinta
Lapis de cor
Autores/as:
Cronoloxía:
1919[ca]-1932[ca]
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Depósito: González Catoyra, Javier (19/08/1970)
Medidas:
Papel: Altura = 456 mm; Anchura = 300 mm
Técnica:
Debuxo
Debuxo con lapis
Obxecto:
Debuxo