Imaxe:

El conde Mauricio de Orange

Autores/as:
Cronoloxía:
1645[ca]-1655[ca] ()

SEGUIDOR DE GOVAERT FLINCK

Retrato de medio corpo cun encadre tradicional e que segue as fórmulas do retrato oficial da época para configurar unha imaxe de grandeza e dignidade. A figura do conde, construída con coidados matices de luz, sitúase diante dunha columna e recortada sobre un fondo de paisaxe, elementos que denotan a influencia da tradición retratística flamenga. Retrátaselle co característico realismo holandés e cun detallado estudo do rostro no que destaca a observación sicolóxica do personaxe. Juan Mauricio, conde de Nassau-Siegen (1604-1679), era un nobre alemán que tiña estreita relación de parentesco coa Casa de Orange holandesa. Foi gobernador das posesións holandesas en Brasil e á súa volta a Holanda participou en sucesivas campañas militares. O bastón de mando que sostén nunha man é un atributo de autoridade e poder, viste gabán de veludo sobre a coiraza militar e sobre ela as insignias da Orde do Elefante e da Orde de San Xoán rama alemá da Orde de Malta.

Folla técnica

Número de inventario:
256
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1645[ca]-1655[ca] ()
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Depositado no Concello da Coruña desde Abril de 1942, ata a apertura do Museo, por O. M. 19- 12- 1941.

 

Medidas:
Con marco: Altura = 91 cm; Anchura = 73 cm; Profundidade = 5 cm
Lenzo: Altura = 79 cm; Anchura = 61 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro