Imaxe:

El consejo de un padre

Cronoloxía:
1892

Francés y Pascual aínda que se interesa por todos os xéneros que triunfan na súa época pintando algún cadro de historia e asunto literario ou ilustrando destacadas revistas. O seu verdadeiro interese, con todo, deriva cara ao retrato e sobre todo á pintura de xénero, costumes e asuntos populares.

Ao longo da súa traxectoria artística presenta obras en sucesivos certames das recentemente creadas exposicións rexionais, nacionais e internacionais, nas que recibe diversos premios como é o caso deste cadro -O consello dun pai- co que obtén a segunda medalla na Exposición Internacional de Belas Artes de 1892 en Madrid.

Cun tratamento moi realista esta obra é exemplo dunha pintura que se afasta daqueles asuntos de historia que plasmaban destacados acontecementos, para deixar testemuño a modo de reportaxe, dunhas realidades sociais cotiás pero sen cuestionalas. Conxuga nun mesmo espazo urbano dous ambientes distintos, a refinada urbanidade e, a humilde dignidade dun proletariado (representado neste caso por un pai que extraído momentanemamente da súa cotidianeidade laboral mostra unha paternal actitude para coas súas fillas) que se estaba instalando nas cidades atraído polo apoxeo industrial do momento.

Folla técnica

Número de inventario:
4898
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1892
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Costumista. Escena
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (30/11/1995)
Historial:

Estivo depositado na Escola de Belas Artes da Coruña, por R.O. desde 1896 a 1988. Posteriormente estivo depositado no Arquivo do Reino de Galicia, A Coruña por O.M. desde 1988 a 1995.
O cadro aparece reproducido na Ilustración Española y Americana, nº 1 de 1893, como participante da Exposición Internacional de Belas Artes de 1892 en Madrid, premiado con medalla de Segunda Clase. 

Medidas:
Con marco: Altura = 211 cm; Anchura = 157 cm; Profundidade = 9 cm
Lenzo: Altura = 185 cm; Anchura = 125 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro