Imaxe:
El Curro de Noia
Folla técnica
Número de inventario:
4886
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Rexionalismo; Pintura Galega. Xeración Doente
Cronoloxía:
1895[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Museo de Pontevedra (27/09/1995)
Historial:
Resolución da Deputación Provincial de Pontevedra autorizando a cesión temporal con data 02/ 03/ 1995.
Medidas:
Con marco: Altura = 35 cm; Anchura = 46 cm; Profundidade = 5 cm
Táboa: Altura = 20 cm; Anchura = 31 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Paisaxe urbana que plasma un recuncho de Noia (A Coruña). Deste cadro pódense desprender tres lecturas diferentes e sucesivas nas que conflúen a aprendizaxe do pintor de ensinanzas académicas realistas e, a súa propia experimentación con novas fórmulas pictóricas.
Así, en primeiro lugar e tras tomar notas do natural, Jenaro Carrero pinta un espazo definitorio da súa vila natal, (o mercado local), con arquitecturas de certas reminiscencias naturalistas e sobriedade cromática de tons marróns e grises.
En segundo lugar tales arcadas acollen o bullicio da súa xente na súa vida diaria. O pintor recrea o ambiente e os costumes da época situándonos nunha escena popular que entronca coa tendencia rexionalista do auténticamente popular que está en auxe nese momento.
En terceiro lugar, obsérvase a evolución do seu traballo creativo no tratamento da roupa cunha maior proxección dos efectos lumínicos sobre a cor que aquí amplía a súa gama aos carmíns en panos e roupa. Este factor tamén contribúe a introducirnos na esencia do popular, pero agora a través do colorido da roupa popular da época.