Imaxe:

El Descendimiento

Autores/as:
Cronoloxía:
1501[ca]-1600[ca] (Siglo XVI)

Escena evanxélica que recolle o momento en que Cristo, despois de morrer, é baixado da cruz cuxo madeiro vertical ocupa aquí o centro da composición. A escena central articúlase en torno á diagonal que forma o corpo morto de Cristo que a Virxe sostén nos seus brazos e que conforma un episodio moi representado na arte relixiosa, a Piedade. Acompañan á Virxe, María Magdalena ataviada como unha dama da época renacentista, enxugándose as bágoas, e san Juan. Detrás da cruz hai un fondo de paisaxe no que se divisa ao lonxe a cidade de Xerusalén fortificada. Son características da pintura flamenga o detallismo e a minuciosidade das súas representacións, algo que se observa tanto no tratamento dos elementos da paisaxe como nas roupaxes dos personaxes.

Folla técnica

Número de inventario:
278
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Renacemento. Escola flamenga.
Autores/as:
Cronoloxía:
1501[ca]-1600[ca] (Siglo XVI)
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Evanxélica
Procedencia:
Asignación. Usucapión: Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico (Decreto 10 de outubro de 1963, nº 2527/63 (Ministerio de Facenda))
Historial:

Procede das incautacións realizadas durante a Guerra Civil (1936--1939). O 15 do 10 de 1941 entrégase ao Museo, segundo consta nun recibo da Comisaría Xeral do Patrimonio Artístico. Por O.M. 19-12-1941 ingresa no Museo en calidade de Depósito. O 21-04-1942 deposítase para a súa custodia temporal no Concello da Coruña. O 16 de agosto de 1946 ten lugar a entrega da obra por parte do Concello ao Museo Provincial de Belas Artes. Por medio do Decreto 10 de outubro de 1963 Nº 2527/63 a obra declárase propiedade do Estado.

Etiquetas: No Reverso, tinta: Genova 1/6; Táboa, parte superior (investido), xiz: Coruña/ F 756 (4).

Medidas:
Con marco: Altura = 79 cm; Anchura = 57,5 cm; Profundidade = 3,5 cm
Táboa: Altura = 73,3 cm; Anchura = 50 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro