Imaxe:

El regreso del hijo pródigo

Autores/as:
Cronoloxía:
1601-1700 (Siglo XVII)

Represéntase a parábola evangélica da volta do fillo pródigo (Lucas, 15: 11-32) enmarcada nun escenario con varios monumentos arquitectónicos que se caracterizan polo clasicismo e a monumentalidad, como o pórtico en ruínas situado á esquerda que deixa ver a perspectiva da praza. Este tipo de vista ideal de monumentos e ruínas foron elixidos como fondos para representar outras escenas por pintores italianos e do norte de Europa desde o século XIV ao XVIII. No norte de Europa exerceron gran influencia no século XVI os libros ilustrados sobre arquitectura e perspectiva do deseñador e arquitecto holandés Hans Vredeman de Vries do século XVI que propagou o estilo e os ornamentos do arquitecto renacentista italiano Sebastián Serlio. Estes libros ilustrados foron a guía para os pintores de arquitecturas.

Folla técnica

Número de inventario:
4908
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1601-1700 (Siglo XVII)
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Evanxélica
Arquitectura e monumentos
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Quella Román, Carmen (28/12/1995)
Medidas:
Con marco: Profundidade = 8 cm
Lenzo: Altura = 106,5 cm; Anchura = 161 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro