Imaxe:
El tiempo, aplicación y emulación
Folla técnica
Número de inventario:
4883
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Doente
Cronoloxía:
1893
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (27/09/1995)
Historial:
EXPOSICIÓNS:
Ano 1977: Pintura dá Xeración Doente, A Coruña
Ano 1979: Exposición Ramón Parada Justel, Casa da Cultura, Ourense
Ano 1991: Parada Justel, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Ano 1993: A Xeración Doente (1871-1902), Fundación Caixa Galicia
Medidas:
Con marco: Altura = 88 cm; Anchura = 113,3 cm; Profundidade = 4,7 cm
Lenzo: Altura = 64 cm; Anchura = 99,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Escena alegórica desenvolta nun amplo espazo aéreo de intensa luminosidade. A escena compóñena catro figuras enlazadas a modo de cadea, a primeira enmarcada por unha forma semicircular e envolta en teas negras, as seguintes, dous espidos en complicados escorzos e a última envolta en vaporosas teas de cores. Trátase dun ensaio preparatorio para a composición que decoraría o teito do Paraninfo do Centro de Segundo Ensino de Ourense, que finalmente non levaría a cabo. Parada Justel realiza os seus estudos en Madrid e completa a súa formación en Roma. Alí asimila a arte de Miguel Angel e coñece o barroco italiano. Esa preocupación polo tratamento da anatomía, polo movemento e o interese por resolver atrevidos escorzos, será unha constamte na súa representación figurativa.