Imaxe:

Erictonio y las Cecrópidas

Autores/as:
Cronoloxía:
1655-1675

CÍRCULO DE WILLEM VAN HERP I

Represéntase o mito grego de Erecteo (tamén coñecido como Erictonio) no momento en que unhas mulleres abren unha cesta de vimbia cun neno no seu interior. Segundo narra o mito, Erictonio foi o sucesor de Cécrope como rei de Atenas e o deus Hefesto lle dió a vida cando no seu intento de unirse con Atenea esta rexéitao e na loita derrámase a súa semente que cae e fecunda a Gea (a Terra). Ao nacer Erictonio (nacido da terra) Atenea recólleo e convértese na súa protectora. Escóndeo nunha cesta, confiando a súa custodia a Aglauro, Herse e Pándroso, as tres fillas do rei Cécrope, co encargo de que non a abran. A escena representa o momento en que as Cecrópidas incumprindo o mandato da deusa, descobren na cesta a un neno coa parte inferior do seu corpo en forma de serpe. Na versión do mito narrada por Ovidio é Aglauro a que levanta a tapa do canasto, que nesta obra se identifca coa muller que leva un vestido dourado. Posteriormente, toleadas ante este descubrimento ou pola cólera de Atenea, corren ata precipitarse desde o alto da Acrópole ateniense. A composición da escena a base de formas sinuosas que se equilibran entre si ademais do colorido brillante inspírase nas representacións realizadas por Rubens sobre o mesmo episodio, entre elas, o fragmento de lenzo titulado O achado de Erictonio que se conserva no Allen Memorial Art Museum (Ohio, Estados Unidos), o bosquexo co mesmo tema do Museo Nacional de Estocolmo e o lenzo titulado O descubrimento do Infante Erictonio conservado na Colección do Príncipe de Liechtenstein en Viena. O estilo de Herp advírtese na elegancia e expresividade dos seus personaxes e na factura minuciosa dos contornos das figuras como queda de manifesto tamén na outra peza de cobre de tema mitológico da colección do Museo de Belas Artes da Coruña titulado Aquiles descuberto por Ulises co que este forma parella.

Folla técnica

Número de inventario:
2900
Materia / Soporte:
Lámina de cobre
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1655-1675
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Xardíns
Mitolóxica
Sala:
Procedencia:
Asignación. Doazón: Vilar do Valle, Amelia (12/06/1958)
Medidas:
Con marco: Altura = 70 cm; Anchura = 121 cm; Profundidade = 5 cm
Lámina metálica: Altura = 56,5 cm; Anchura = 107,8 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro