Imaxe:

Escena de romería

Cronoloxía:
1900[ca]

Neste cadro de pequeno formato apréciase unha evolución dentro da traxectoria creativa do pintor. A temática de escena campestre que presenta a un grupo de romeiros nun escenario cotián, mantense dentro da vertente de escena costumista cun marcado carisma rexionalista desvinculado de calquera contido social.

Porén, ese asunto intrascendente que compón como unha instantánea fotográfica, sérvelle ao pintor para mostrar os seus logros pictóricos e o seu coñecemento do estilo impresionista. Cunha pincelada longa e de trazos moi libres, distribúe a densa materia da cor, cuxa paleta non só se enriqueceu con cores claras senón que nesta obra centra a súa preocupación sobre todo en potenciar  os destellos lumínicos sobre elas. Aspecto este que lle interesou desde os seus inicios e no que afondou especialmente tras o encontro con Sorolla no seu taller de Madrid.

 

 


 

Folla técnica

Número de inventario:
872
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Rexionalismo; Pintura Galega. Xeración Doente
Cronoloxía:
1900[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Costumista. Escena
Costumista. Tipos populares
Festas e romerías
Procedencia:
Asignación. Compra: Carrero, Josefa (23/03/1948)
Historial:

Este cadro forma parte dun lote cos números (Nºs 871-882) que foi comprado á familia do pintor.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1977. Xeración Doente. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo, Setembro.
Ano 1980. 1ª Exposición de Pintores galegos. Caixa Vigo. Sede: Salas de Exposicións de Caixa Vigo, 19 febreiro- 4 marzo.

Medidas:
Con marco: Altura = 42,8 cm; Anchura = 52,1 cm; Profundidade = 4,5 cm
Táboa: Altura = 20 cm; Anchura = 29,2 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro