Imaxe:

Estudio de trajes asturianos

Cronoloxía:
05/09/1846

Debuxo acuarelado no que se representan varios esbozos de traxes asturianos femininos e os seus adornos, con diversas notas manuscritas (indicacións de cores, teas e detalles de confección) do autor. No esbozo central, unha muller de corpo enteiro apoia unha perna sobre unha roca. No resto da composición aparecen detalles sobre variantes e adornos do tema central.

Folla técnica

Número de inventario:
96
Materia / Soporte:
Papel
Tinta
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
05/09/1846
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Iconografía:
Figura. Feminina
Costumista. Tipos populares
Procedencia:
Asignación. Compra: Morales, Francisco (01/05/1944)
Historial:

De Enrique Pérez de Villaamil pasou a Francisco Morales, ao que lle foi comprado polo Ministerio de Educación Nacional por O.M. do 26-02-1944.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1980: A Coruña. Colexio Calvo-Sotelo. 15-30 agosto. Homenaxe a Pintores Ferroláns. Deputación Provincial da Coruña.
Ano 1980: Ferrol. Salas do Concello. Setembro. Homenaxe a Pintores Ferroláns. Deputación Provincial da Coruña.
Ano 1988: A Coruña. Museo de Belas Artes. Maio-Xuño. Jenaro Pérez Villaamil. Debuxante.
Ano 1988: Pontevedra. Museo Provincial. 3 agosto- 4 setembro. Jenaro Pérez Villaamil. Debuxante.

Año 2021-2022: La España romántica. David Roberts y Genaro Pérez de Villaamil. Real Academia de Bellas Artes de San Fernando y Centro de Estudios Europa Hispánica. Madrid, 08/10/2021 - 16/01/2022.

Medidas:
Papel: Altura = 400 mm; Anchura = 300 mm
Técnica:
Acuarela
Debuxo con lapis
Obxecto:
Debuxo