Imaxe:

Figuras con manzanas

Autores/as:
Cronoloxía:
1965[ca]-1975[ca]

Escena da contorna doméstica na que destacan dous elementos case sempre presentes na pintura de Colmeiro: a muller e os froitos relacionados cos traballos do campo. Na súa obra son recorrentes os bodegóns de hogazas de pan ou de froitas, neste lenzo as mazás están representadas en primeiro plano a modo de bodegón. A fusión da imaxe feminina e as naturezas mortas é algo que que se dará tamén na serie das panadeiras. As figuras femininas teñen unha presenza hierática e intemporal que se potencia ao fuxir da representación da anécdota. O fondo onde se inscribe a escena é neutro, concibido como unha abstracción tan característica das obras realizadas nos anos sesenta e setenta. Na súa paleta dominan rosas carmines e, sobre todo, a azuis noite e cobalto, xunto a distintas tonalidades de verdes, que funden o fondo indeterminado cos elementos figurativos.

Folla técnica

Número de inventario:
5220
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1965[ca]-1975[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Vexetal. Froitos
Figura. Feminina
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 84 cm; Anchura = 119 cm; Profundidade = 4,5 cm
Lenzo: Altura = 65,5 cm; Anchura = 101 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro