Imaxe:

Flores

Autores/as:
Cronoloxía:
1984

Neste lenzo contemplamos unha mostra máis das posibilidades expresivas que Lago é capaz de obter do bodegón, un dos temas preferidos por este autor. Representa de novo un motivo próximo, elixindo da súa contorna os obxectos sinxelos para a súa inspiración. Como no resto da súa etapa figurativa, envolve todo baixo unha atmosfera irreal que esvaece os contornos dos obxectos. Nesta última etapa amplía a súa paleta de cor, aínda así, os fondos uniformizan a composición en suaves malvas e grises azulados sobre os que destaca a viveza dos verdes e o azul cobalto, que dinamizan a composición.

Folla técnica

Número de inventario:
5237
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Autores/as:
Cronoloxía:
1984
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Motivos florais
Bodegón
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 52 cm; Anchura = 60 cm; Profundidade = 4 cm
Lenzo: Altura = 38,2 cm; Anchura = 46 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro