Imaxe:
Gran nube y desnudo
Folla técnica
Número de inventario:
5499
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1965 (Año de edición)
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Encadernacións Ex-Libris S. L. (31/01/2007)
Medidas:
Papel: Altura = 650 mm; Anchura = 475 mm
Técnica:
Xilografía
Obxecto:
Estampa
Do Álbum de gravados: 9 xilógrafos arxentinos. Edicións Ellena, Rosario, Arxentina, 1965. Exemplar Nº 30.
Cartafol con 54 xilografías de varios autores (6 de cada artista): Luís Seoane, Víctor Rebuffo, Américo Balán, Carlos Filevich, Laico Bou, Juan Grela, Mele Bruniard, César Miranda e Daniel Zelaya. As xilografías da caixa que contén esta edición foron realizadas por un dos artistas participantes, Mele Bruniard.
O gravado arxentino rexistra, entre a década dos anos cincuenta e setenta, unha importante renovación. Galerías e certames contribuíron á difusión e popularización do gravado arxentino. Créanse novas institucións, emerxen grupos de novos produtores culturais e gravadores como Américo Balán, Carlos Filevich, Sergio Sergi, Victor Rebuffo ou Luís Seoane, entre outros. Neste contexto encádrase o cartafol de gravados 9 Xilógrafos Arxentinos.