Imaxe:

Guirnalda de frutas con la Virgen y el Niño

Autores/as:
Cronoloxía:
1645[ca]-1667[ca]

CÍRCULO DE JORIS VAN SON

O centro da composición está ocupado por unha Virxe sedente que sostén ao Neno Xesús no seu colo e ambos están rodeados por unha grilanda de froitas variadas. Este xénero de imaxe relixiosa no que a grilanda, de flores ou froitas, represéntase a modo de ofrenda ás figuras relixiosas situadas na escena central xurdiu en Flandres no século XVII e foi moi estimado nos paises católicos. A elección das froitas representadas, igual que sucede coas grilandas de flores, estaba en relación co tema relixioso representado. Nesta grilanda abundan froitas ás que se atribuía un simbolismo doloroso, froitas vermellas como os amorodos e as grosellas, que como os acios de uvas asociábanse á idea de sacrificio e simbolizaban o sangue de Cristo. Pero o significado das cereixas presentes na grilanda estaría en relación coa finalidade redentora da Encarnación de Xesús, e o pexego era símbolo de salvación. A todo isto únese a introdución de insectos como as bolboretas, que no lenzo revolotean na parte superior e no lateral esquerdo, un símbolo que aludiría á alma piadosa resucitada. As especies pintadas sexan do xénero vexetal (flores ou froitas) ou do reino animal (pequenos insectos) posuían un significado propio que aludía á súa natureza fráxil e efémera e convidaban a reflexionar sobre a escena representada no centro das grilandas. Todo o conxunto significaría para o cristián e de acordo coa doutrina da igrexa, a redención do pecado orixinal polo sacrificio de Cristo.

Folla técnica

Número de inventario:
2108
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1645[ca]-1667[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Iconografía Mariana
Figura. Animal
Figura relixiosa con froitos
Sala:
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (04/01/1955)
Historial:

Procede do legado Pastrana. Depositado no Museo del Prado por O.M. do 8- 10- 1954.

Medidas:
Con marco: Altura = 131,5 cm; Anchura = 95 cm; Profundidade = 5 cm
Lenzo: Altura = 119 cm; Anchura = 83 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro