Imaxe:
Jardín del Pazo de Marcial del Adalid
Folla técnica
Número de inventario:
4927
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Triunfante
Cronoloxía:
1918[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Lloréns Rodríguez, Rosario (28/02/1996)
Historial:
EXPOSICIÓNS:
Ano 1998. Homenaxe a Francisco Llorens no 50 aniversario da súa morte. Fundación Caixavigo. Sedes de Vigo, Ourense, A Coruña e Santiago. 15 xaneiro-30 abril.
Medidas:
Con marco: Altura = 187,5 cm; Anchura = 127,1 cm; Profundidade = 5,5 cm
Lenzo: Altura = 173,5 cm; Anchura = 114 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
A fonte de inspiración para pintar este lenzo foi un recuncho dos xardíns do Pazo de Lóngora no municipio coruñés de Oleiros, onde residiu o compositor galego Marcial del Adalid e a súa esposa a escritora Fanny Garrido.
Lloréns reproduciu estes xardíns en varias ocasións e neste lenzo deixounos, a través dunha pintura rica en matices de luz e cor, unha visión das residencias señoriais galegas, como o fixo tamén dos Pazos de Oza e de Meirás. Lloréns era amigo de Emilia Pardo Bazán, a quen retratou en 1902, e asistía con frecuencia aos faladoiros que a escritora celebraba nas Torres de Meirás.
Destaca neste lenzo a contraposición da nudez do chan e os troncos, fronte á frondosidade de ramaxes e follas das copas das árbores que, harmonizadas por cores verdes e azuis convértense nas verdadeiras protagonistas do cadro. Os distintos elementos incorporados no xardín: o pavo real, o banco e a fonte da que brota un chorro de auga, aparecen minimizados e diminutos á beira da grandiosidade das árbores.