Imaxe:
Jardines de Cuernavaca
Folla técnica
Número de inventario:
5142
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1943
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Fernández Montenegro, María Teresa (18/10/2001)
Medidas:
Con marco: Altura = 238 cm; Anchura = 167 cm; Profundidade = 5,5 cm
Lenzo: Altura = 222 cm; Anchura = 151 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Móstrase un xardín repleto de vexetación no que se sitúan un cesto de froitas e dúas figuras femininas en actitude pensativa. Esta diversidade de motivos aínda que representados illadamente, contribúen a potenciar a ascendencia das liñas de fuga dos troncos. Arturo Souto realiza esta obra en Méjico, onde chega exiliado en 1942, despois de pasar por varios países de Europa e América durante a guerra civil española. Durante a súa estancia en Méjico afástase das concepcións dos anos vinte e trinta, mantén a tendencia figurativa como pretexto para plasmar o seu labor pictórico que traerá un cambio na concepción da cor. A exuberante cor, é aplicado cunha pincelada fragmentada e pequena próxima ao posimpresionismo, para crear un universo intimista e feminino.