Imaxe:
Jarrón con flores y espejo
Folla técnica
Número de inventario:
5235
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1968
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 64,2 cm; Anchura = 75,5 cm
Lenzo: Altura = 50,8 cm; Anchura = 62 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Nos anos sesenta, tras as súas colaboracións co grupo El Paso, Lago abandona a abstracción e súmase aos grupos pictóricos franceses de pensamento existencialista, que propugnan unha volta á figuración, ao real e o cotián. Elixe os seus motivos entre un marco familiar que apenas modifica nin parece preparar previamente: son formas simples, obxectos próximos e humildes que pinta directamente. A gama de azuis e grises envolve ao resto das cores baixo unha luz tamizada que transmite equilibrio e harmonía ao resto da composición, xeralmente unha mesa con mantel encárgase de dar profundidade aos espazos. A aparición de espellos será unha constante nas creacións deste autor, unhas veces tratados como obxectos decorativos, outras ampliando a escena.