Imaxe:
Jesús y la Samaritana
Folla técnica
Número de inventario:
259
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Renacemento
Cronoloxía:
1550[ca]-1600[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:
Depositado no Concello da Coruña desde Abril de 1942 ata a apertura do Museo de Belas Artes, por O. M. 19- 12- 1941.
No ano 1955 se expuxo no Pazo Municipal, 2 Setembro. Cea de gala en honra do Xefe de Estado. Concello da Coruña.
Ano 1958: Pazo Municipal. 6 septiembre. Cea de gala en honra do Xefe de Estado. Concello da Coruña.
Medidas:
Con marco: Altura = 118 cm; Anchura = 94 cm; Profundidade = 7 cm
Táboa: Altura = 103 cm; Anchura = 79 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
O encontro de Xesús coa samaritana é un tema representado desde os primeiros séculos do cristianismo. Esta escena fai referencia a un episodio dos anos de predicación de Xesús, recollido no evanxeo de san Xoán (Xn., 4, 9-14). Segundo nárrase no texto, Xesús, na viaxe de Xudea a Galilea tiña que atravesar Samaria e nos arredores da cidade de Sicar detívose e pediulle de beber a unha muller que sacaba auga nun pozo. No lenzo, Xesús está sentado e a samaritana está situada de pé ao seu lado suxeitando un cántaro sobre o brocal do pozo. Os xestos de ambos indican que están a conversar para sinalar que Xesús, que no relato evanxélico usa a auga como metáfora, está a transmitirlle os seus ensinos a esta muller que acaba converténdose e recoñecéndoo como o Mesías. O suceso está ambientado no espazo e no tempo histórico da narración de san Xoán e, seguindo esta, o pintor sitúa as dúas figuras principais, que encaixan nos canons renacentistas, a ambos os dous lados do pozo e ao lonxe aos discípulos regresando con provisións. Na pintura flamenga a paisaxe adoitaba ocupar un lugar destacado, xa fose visto a través dunha xanela ou, como neste caso, servindo de escenario á composición. Os personaxes adoptaban ante o unha disposición equilibrada, ben no centro, se se trataba dunha única figura, ou simétricamente como vemos nas dúas figuras principais representadas nesta táboa, cuxa maior definición no primeiro plano suxire profundidade espacial.