Imaxe:

Jugando al tejo

Autores/as:
Cronoloxía:
1908[ca]

A pintura de Avendaño discorre polo leito dun paisaxismo realista que desembocará gradualmente nun estilo moi persoal de marcado luminismo adquirido por mor do seu establecemento en Italia.

É esta unha obra de pequeno formato realizada cunha paleta de terras e azuis moi aclarados e unha desbordante luminosidade. Presenta unha escena de pobo mariñeiro que recolle na proximidade un retrinco da realidade cotiá vivida por figuras que charlan animadamente unhas e outras participan do xogo sendo todas elas captadas ao aire libre e con gran naturalismo. Con elas comparten espazo e protagonismo varias linguas de auga mariña que se filtra ao primeiro plano e que xunto a contados elementos ambientais que usa como referencias, achegan á escena verosimilitude frescura luminosidade e un envolvente efecto atmosférico.

Folla técnica

Número de inventario:
675
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Rexionalismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1908[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Costumista. Tipos populares
Paisaxe. Costa
Xogos e deportes
Costumista. Escena
Procedencia:
Depósito: Museo de Pontevedra (04/08/1947)
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano 1940: Enrique Campo e os seus precedentes.
Ano 1991: Antolóxica de Serafín Avendaño. Centro Cultural Caixavigo. Vigo, 29 oct- 1-dic.
Ano 1998: O XIX galego desde a arte: Galicia. O século de ouro, Caixagalicia. A Coruña. 5 febreiro-30 abril.

Medidas:
Con marco: Altura = 40 cm; Anchura = 33 cm; Profundidade = 6 cm
Lenzo: Altura = 27,5 cm; Anchura = 21,4 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro