Imaxe:

La Adoración de los pastores

Cronoloxía:
1760[ca]-1819[ca]

ATRIBUCIÓN EN REVISIÓN

Trátase dunha escena nocturna na que os pastores e pastoras van adorar ao Neno no pesebre en Belén, portando humildes ofrendas como aves e hevos e un cordeiro coas patas atadas que simboliza o Cordeiro Místico e alude ao sacrificio de Cristo. Mentres, a Virxe María, arrodillada, sostén ao Neno Jesús apoiado no pesebre e separa o pano que o cobre para mostrarllo. Do Neno emana un resplandor divino cuxa luz cega os rostros dos presentes e ilumina a estancia. No alto, o coro de anxos que se relata no Evanxeo (Lucas 2, 8-14) sosteñen unha filacteria coa inscrición do canto Gloria in excelsis Deo. San José, que porta a vara florida que brotou no Templo cando foi escollido como esposo da Virxe María, parece presentar a escena ao espectador. O episodio da adoración dos pastores nárrao unicamente San Lucas e foi amplamente representado na iconografia cristiá, sendo un tema moi frecuente a partir do Renacemento en Italia e en Flandes. En España popularízase algo tardíamente e xeneralízase no XVIII, co Barroco do Século de Ouro, recuperando a autonomía respecto a a escena da Adoración dos Magos e a Natividade, servíndose do naturalismo e o realismo como vehículos idóneos para achegar os preceptos da Igrexa ao pobo tras as normas do Concilio de Trento.

Folla técnica

Número de inventario:
283
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Neoclasicismo
Cronoloxía:
1760[ca]-1819[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Animal
Relixiosa. Evanxélica
Procedencia:
Asignación. Usucapión: Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico (Decreto 10 de outubro de 1963, nº 2527/63 (Ministerio de Facenda))
Historial:

Procede das incautacións realizadas durante a Guerra Civil (1936--1939). O 15 do 10 de 1941 entrégase ao Museo, segundo consta nun recibo da Comisaría Xeral do Patrimonio Artístico. Por O.M. 19-12-1941 ingresa no Museo en calidade de Depósito. O 21-04-1942 deposítase para a súa custodia temporal no Concello da Coruña. O 16 de agosto de 1946 ten lugar a entrega da obra por parte do Concello ao Museo Provincial de Belas Artes. Por medio do Decreto 10 de outubro de 1963 Nº 2527/63 a obra declárase propiedade do Estado.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1988: A Pintura nos tempos de Carlos III, o Rey Alcalde. Salas de Ribeira e Juan de Villanueva (Centro Cultural Conde Duque), Madrid, Marzo- Abril.

Medidas:
Con marco: Altura = 130 cm; Anchura = 110 cm; Profundidade = 6,5 cm
Lenzo: Altura = 115 cm; Anchura = 95,3 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro