Imaxe:

La Apoteosis de Hércules

Cronoloxía:
1636-1637

Destaca no centro da composición a figura masculina que representa a Hércules portando unha maza. Un amorcillo aparece coroándoo e outro suxeita as rendas do carro tirado por catro cabalos brancos que o transportan cara ao alto. A escena representa a Hércules no momento da súa apoteose ou divinización, cando ascendie ao Olimpo nun carro triunfal e é coroado como vencedor. Viste como coraza a pel do león de Nemea ao que vence no primeiro dos doce traballos que lle outorgaron a gloria de heroe. Borkens plasmou neste lenzo que decorou a Torre da Parada en Madrid, a composición que o seu mestre, Rubens, realizou no bosquexo en táboa conservado actualmente nos Museos Reais de Belas Artes de Bélxica, inspirado no episodio narrado na obra Metaforfosis de Ovidio. Hércules era a personificación do home valoroso e virtuoso e por iso desde a época renacentista varias monarquías europeas considerárono un glorioso antecesor. A partir do reinado de Carlos I, este personaxe mítico quedou vinculado aos reis españois da Casa de Austria no século XVII. Aínda que en España, a figura de Hércules levaba séculos vinculada á súa historia debido a que segundo o mito grego, realizou aquí o seu décimo traballo que consistía en roubar o gando do rei Xerión. Unha lenda que narra a construción da Torre de Hércules sinala que o heroe chegou ás costas da Coruña, onde despois de vencer a Gerión mandou construír unha torre sobre a súa tumba.

Folla técnica

Número de inventario:
6270
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Cronoloxía:
1636-1637
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Mitolóxica
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (14/06/2011)
Medidas:
Con marco: Altura = 209,5 cm; Anchura = 231,5 cm; Profundidade = 8 cm
Lenzo: Altura = 189 cm; Anchura = 212 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro