Imaxe:
La dama del papagayo
Folla técnica
Número de inventario:
5292
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Simbolismo
Cronoloxía:
1926
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Legado: Fernández San Mamede, María Josefa (06/04/2005)
Historial:
Reverso: No lenzo, a lapis: Coruña / Corredoyra. No marco, acuñado en negro: DEPOSITO E REPRESENTANTE / J. MELENDEZ C/ San Isidoro, Telef. 259982 / A Coruña.
O seu expediente está relacionado coas pezas 5293 e 5294.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1975: Xesús Corredoyra. Deputación Provincial, Colexio Calvo Sotelo, A Coruña.
Ano 1993: Xesús Corredoyra. Fundación Caixa Galicia, Oct- Dic, A Coruña, Lugo.
Ano 1998: Pintores de Lugo I. Museo Provincial de Lugo.
Medidas:
Con marco: Altura = 121,1 cm; Anchura = 126,7 cm; Profundidade = 6,6 cm
Lenzo: Altura = 103 cm; Anchura = 108,7 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Neste retrato preséntase a unha muller encerrada en si mesma e cunha expresión distante. Sentada en primeiro termo, cunha man sostén un papagaio verde e coa outra se apoia na mesma repisa sobre a que aparece sentada. Resalta a elegancia da súa vestimenta, un vestido de raso dourado que destaca nun fondo escuro a modo de pano, no que están representadas as arcadas dun claustro creando un espazo evocador do pasado. Trátase dun retrato realizado por Corredoyra durante a súa estancia en América, cun halo de idealización que reflicte os postulados da estética simbolista proposta por escritores como Valle Inclán ou pintores como Julio Romero de Torres.