Imaxe:

La infanta Isabel de Borbón y Sajonia, princesa de Nápoles

Autores/as:
Cronoloxía:
1741

Retrato de nena de corpo enteiro, deitada sobre almofadóns nun berce que ten como motivo decorativo unha cabeza alada. Risoña e de ollos expresivos, leva na cabeza un gorro e o corpo faixado segundo a costume adoptada na época para os recien nados. A infanta retratada, nacida en 1740 e morta en 1742, era filla de Carlos de Borbón e María Amalia de Sajonia, que ocuparon o trono de Nápoles entre 1734 e 1759. Clemente Ruta foi pintor de Cámara dos reis de Nápoles ata que Carlos de Borbón saíu cara a España para reinar como Carlos III.

Folla técnica

Número de inventario:
257
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Neoclasicismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1741
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Infantil
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Depositado no Concello da Coruña desde Abril de 1942 ata a apertura do Museo, por O. M. 19- 12- 1941.
Este cadro ingresou en 1946 como Anónimo de Escola francesa e baixo o título Retrato dun infantito. Restaurado en 1983.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1983- 84- 85: O neno no Museo del Prado, Museo del Prado, Decembro 1983. Exposición Itinerante por 12 cidades españolas.
Ano 1989: Carlos III en Italia, 1731-1759. Itinerario italiano dun monarca español. Museo del Prado.

Medidas:
Con marco: Altura = 85 cm; Anchura = 96,4 cm; Profundidade = 7 cm
Lenzo: Altura = 65 cm; Anchura = 72 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro