Imaxe:
La Magdalena y dos ángeles
Folla técnica
Número de inventario:
249
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Cronoloxía:
1580[ca]-1609[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:
En 1746 figuraba na colección de Felipe V na Granxa, (MARTÍNEZ-BARBEITO, Isabel (1957): Museo Provincial de Belas Artes da Coruña. Catálogo, p. 30.)
O lenzo estivo depositado no Concello da Coruña desde o 21-04-1942 ata o 16-08-1946. Por O.M. 19-12-1941.
Ano 1955: Expúxose o 2 de setembro na Cea de gala en honra ao Xefe do Estado no Pazo Municipal. Concello da Coruña
Ano 1958: Expúxose o 6 de setembro na Cea de gala en honra ao Xefe do Estado no Pazo Municipal. Concello da Coruña
Medidas:
Con marco: Altura = 53 cm; Anchura = 44,5 cm; Profundidade = 4,5 cm
Táboa: Altura = 40 cm; Anchura = 31 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
A figura da Madalena sostida por dous anxos está situada ante o fondo escuro dunha cova na que se abre unha luz no ángulo esquerdo. A imaxe da Magdalena desfallecida nos brazos dos anxos ilustra a lenda que se forxou na Francia medieval segundo a cal, a santa retirouse en soidade durante trinta anos a unha gruta das costas de Provenza á que acudían dous anxos para trasladala ao Paraíso para escoitar os coros celestiais. Este tema foi frecuente na arte dos países católicos do século XVII, no que abundan as representacións de extasis místicos. A faceta da súa vida que máis interesou á Contarreforma católica foi a do seu arrepentimento e penitencia e, como a outros santos penitentes, represéntase nunha cova, vestida austeramente ou cuberta só pola súa longa cabeleira e acompañada dos obxectos de meditación, o crucifixo, un libro de oración e unha caveira que era o símbolo usado para lembrar ao home o carácter fugaz das cousas terreais. Xunto a ela sitúase o vaso de perfumes, en recordo do que usou para ungir os pés de Cristo e que foi o seu atributo máis antigo e constante na arte. Considerado como un dos renovadores da pintura da súa época, Aníbal Carracci retrata á figura cunha beleza serena, en consonancia cos postulados da corrente clasicista italiana que recuperaba os ideais do Renacemento e da Antigüidade clásica e da que o pintor sería un dos seus máximos representantes.
No reverso aparece debuxada unha cabeza de perfil, que á súa vez ten debuxada no seu interior outra cabeza, máis pequena e coloreada na fazula. No centro da táboa hai outro pequeno esbozo de rostro.