Imaxe:

La Picota

Autores/as:
Cronoloxía:
1865-1875

La Picota sinálase como unha obra singular de Fierros polo sentido da realidade e a captación de detalles nunha escena bañada pola luz do mediodía que transcorre nun pobo con casas de pedra ao redor dun camiño e cunha paisaxe de cerros ao fondo. O título alude ao monumento de pedra que centra a composición, en torno ao cal se sitúan varios personaxes da época, algúns en torno ao monumento e outros nun segundo termo contemplando a escena.

A picota simbolizaba, ata o primeiro terzo do século XIX, o señorío dunha vila e servía tamén como lugar para a exhibición pública ou lugar de condena dos acusados. Trátase dunha grosa columna na que sobresaen catro cabezas de dragón e máis arriba un escudo, rematando o conxunto un pináculo de estilo gótico.

La Picota pintada por Fierros asociouse tradicionalmente na bibliografía cunha paisaxe de Salamanca, pero novos estudos vincúlana coa localidade cacereña de Jarandilla de la Vera, nome co que aparece titulada a fotografía realizada por Charles Clifford en 1858 que Fierros tiña na súa colección de fotografías. O pintor reproduciu a mesma escena variando unicamente a posición do rostro da muller que ocupa o centro da composición. Fierros, do mesmo xeito que outros pintores do seu tempo, aproveitou a fotografía non só para a realización de retratos senón tamén para os cadros de costumes.

Folla técnica

Número de inventario:
6465
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1865-1875
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Arquitectura popular
Medidas:
Con marco: Altura = 60 cm; Anchura = 48,5 cm
Lenzo: Altura = 44 cm; Anchura = 32 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro