Imaxe:

La Sagrada familia

Autores/as:
Cronoloxía:
1550[ca]-1565[ca]

Jesús neno, que é o eixo central da pintura, e ao seu lado a Virxe e san José, forman o grupo da Sacra Familia que ocupa o centro da composición. Á esquerda tres pastores avanzan entre as ruínas cara a eles para facer referencia ao tema da Natividade: Os pastores guiados por un anxo de Deus chegan a Belén para adorar ao Mesías acabado de nacer (Lucas, 2, 8-20). O boi e o asno situados á súa dereita, aínda que non están recollidos na narración dos evanxeos, aparecen representados desde a antigüidade na arte cristiá tomando como referencia os relatos dun evanxeo apócrifo. Ao fondo, un anxo abre un claro de luz no ceo e anuncia aos pastores o nacemento do neno. O pintor engadiu ademais na parte superior dereita outra escena moitas veces representada na arte cristiá, a Expulsión de Adán e Eva do paraíso terreal, que sucede ante un elemento arquitectónico evocador a antigüidade, unha pirámide. A representación destas dúas escenas, a do Nacemento e a da Expulsión, achégalle ao conxunto da composición un significado simbólico, ao enlazar as orixes da humanidade que cae no pecado, co plan divino da súa redención a través da Encarnación de Jesús. Aínda que Juanes mantén o aire clásico da pintura do seu pai, Vicente Macip, o seu estilo propio o dulcifica e presenta trazos de expresividade nas figuras que denotan un certo manierismo. A introdución de elementos arquitectónicos da antigüidade como ruínas clásicas, obeliscos e pirámides denotan a afirmación das particularidades do seu estilo.

Folla técnica

Número de inventario:
279
Materia / Soporte:
Táboa
Contexto cultural / Estilo:
Renacemento
Autores/as:
Cronoloxía:
1550[ca]-1565[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Animal
Relixiosa. Evanxélica
Procedencia:
Asignación. Usucapión: Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico (Decreto 10 de outubro de 1963, nº 2527/63 (Ministerio de Facenda))
Historial:

Procede das incautacións realizadas durante a Guerra Civil (1936--1939). O 15 do 10 de 1941 entrégase ao Museo, segundo consta nun recibo da Comisaría Xeral do Patrimonio Artístico. Por O.M. 19-12-1941 ingresa no Museo en calidade de Depósito. O 21-04-1942 deposítase para a súa custodia temporal no Concello da Coruña. O 16 de agosto de 1946 ten lugar a entrega da obra por parte do Concello ao Museo Provincial de Belas Artes. Por medio do Decreto 10 de outubro de 1963 Nº 2527/63 a obra declárase propiedade do Estado.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Medidas:
Con marco: Altura = 94,5 cm; Anchura = 80,5 cm; Profundidade = 5,5 cm
Táboa: Altura = 84 cm; Anchura = 70 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro