Imaxe:

La Visitación

Autores/as:
Cronoloxía:
1663[ca]

Represéntase o momento en que Isabel, inclínase ante María nun acto de reverente primacía de María, nai de Cristo (San Lucas,1: 39-45). A súa pronunciada xenuflexión evita colocar en pé de igualdade á nai do Precursor (San Juan Bautista) coa nai do Mesías. A composición que inicialmente adoitaba estar integrada por dous personaxes, gardando certa analogía coa Anunciación, foise ampliando con outras figuras como podemos ver neste exemplo. A escena se amplía nun segundo termo coa comunicación xestual entre os dous esposos, cabe mencionar a figura de Zacarías en actitude xesticulante quen, segundo o relato do Evanxeo de Lucas, quedou mudo ao non crer o anuncio do arcanxo Gabriel de que a súa esposa, aínda que de idade avanzada, concibiría un fillo ao que poñerían por nome Xoán. O trazado do pórtico de inspiración clasicista que serve de marco á escena pódese interpretar como un incipiente achegamento cara á nova linguaxe, baseado en espazos abertos e nas arquietecturas escenográficas, o que pon de manifesto que Rizi era coñecedor dos novos postulados defendidos polos decoradores italianos. A escena desenvólvese nun pórtico, cuxas arquitecturas mostran unha grandiosidade e nudez de inspiración claramente clasicista. O lenzo forma parte dunha serie de destino descoñecido, da que se conservan algunhas obras aínda que outras foron destruídas. Pintada ao redor de 1663, a serie mostra o momento de plenitude e madurez do artista na que se aprecian as súas característica pinceladas vibrantes. O autor, que nun principio se mostrou fiel aos modelos de rigor e simetría postulados polo seu mestre Vicente Carducho, demostra unha gradual incorporación das fórmulas estéticas do Barroco na expresividade e o dinamismo con que trata a escena. Non en balde chegouse a considerar, dentro da escola madrileña dos limiares do século XVII, como un dos principais creadores da nova linguaxe.

Folla técnica

Número de inventario:
6266
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1663[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Iconografía Mariana
Sala:
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (14/06/2011)
Medidas:
Con marco: Altura = 220,5 cm; Anchura = 292,5 cm; Profundidade = 8 cm
Lenzo: Altura = 206 cm; Anchura = 290 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro