Lanceros de la Reina
Folla técnica
Doado polo autor á Real Academia Galega de Belas Artes o 24 de xuño de 1917
Ano 1951: 14 Setembro. Exponse na cea de gala en honra do Xefe de Estado. Concello da Coruña. Palacio Municipal.
Ano 1957: 14 Setembro. Exponse na cea de gala en honra do Xefe de Estado. Concello da Coruña.
Ano 1958. 6 Setembro. Exponse na cea de gala en honra ao Xefe de Estado.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1943: Exposición de Arte. Lugar: Ferrol.
Ano 1954: Exposición conmemorativa do centenario da morte de Genaro Pérez Villaamil, 1807-1854 e do centenario do nacemento de Román Navarro García, 1854-1928, Real Academia Galega de Belas Artes nosa Señora do Rosario, A Coruña.
Ano 1976: Exposición antolóxica Román Navarro. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo.
Ano 1980: Segundo ciclo de plástica galega. Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Sede: Sala de exposicións.
Ano 1982: Militaria- 82. Goberno civil da Coruña, Sede: Palacio Municipal.
Ano 1983- 84: Pintores coruñeses. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo.
Ano 1984: Impresionistas galegos. Concello da Coruña. Sede Kiosko Alfonso.
Ano 1984: A pintura do século XIX nas Institucións. Concello da Coruña. Sede: Kiosko Alfonso.
Ano 1984- 1985: Un século de pintura galega, 1880- 1980. Instituto de Cooperación Iberoamericana. Buenos Aires. Sede: Museo de Belas Artes.
Ano 1990: Exposición antolóxica da Real Academia Galega de Belas Artes nosa Señora do Rosario: 1850-1990, Palacio Municipal de exposicións Kiosco Alfonso, A Coruña, maio.
Ano 2014-2015: Román Navarro (A Coruña, 1854-1928). Pintor militar e profesor de pintores. Museo Histórico Militar da Coruña e a súa Asociación de Amigos, 31-10-2014 a 31-05-2015.
Escena militar desenvolvida en campo aberto por un Escuadrón de Lanceiros. Visten uniforme adecuado á súa condición con guerreira e calzón azul cruzado por unha banda, sobre a cabeza cinguen casco aceirado en punta con chorón de crin branca. Como armamento portan sabre recto apoiado sobre o ombreiro dereito.
Esta obra aglutina as dúas facetas, militar e artística, ás que Román Navarro dedicou toda a súa vida. A súa permanencia no rexemento de cabalería bríndalle a oportunidade de ter ante si aos cabalos, principais protagonistas das súas dinámicas composicións. Tamén a viaxe que realiza por Europa permítelle coñecer aos románticos franceses e a pintores da súa época que trataban asuntos militares caso de Meissonnier, Detaille ou o catalán militar e pintor Joseph Cusachs.
Nas súas composicións militares os cabalos a miúdo son representados moi realistas en marcha, parados ou de manobras máis que en plena acción ou drama bélico. Desde o punto de vista artístico tamén son igualmente característicos o seu rico colorido e as gradacións tonais que definen o ambiente que serve de escenario, o exquisito tratamento de uniformes e accesorios e a fortaleza dos cabalos.