Imaxe:

Las Capas de Santa Isabel

Autores/as:
Cronoloxía:
1917

No interior dun templo desenvólvese a escena na que tres cóengos portan as capas pluviais que, segundo a tradición, réinaa Sta. Isabel de Portugal doou á Basílica Compostelá en 1326 con motivo do seu pereginación. No extremo inferior esquerdo aparece un acólito sostendo unha naveta de prata no que é patente o recordo do Greco. O pintor inmortalizó no lenzo, en forma de retratos, a dous dos seus amigos, o escritor Luís Pimentel e o violinista Manuel Quiroga. A Virxe reproducida de perfil nesta obra se garda na Capela das Reliquias da Catedral Compostelá.

Desde mozo Corredoyra móstrase como un gran debuxante. A súa pintura acusa referencias nun primeiro momento de Sorolla, despois de Zuloaga e Romero de Torres, dos simbolistas ingleses e da literatura de Valle Inclán. As Capas de santa Isabel pertence a un período de residencia en Compostela no que se converte en pintor da burguesía e do clero da cidade, aos que pinta quizais obrigado pola súa situación económica. A obra posúe un debuxo seco que bordea a cor, tecnicamente imita a pintura do século XVI polo uso da pincelada fundida.

Folla técnica

Número de inventario:
688
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1917
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Litúrxica
Procedencia:
Asignación. Compra: Xesús Corredoyra de Castro, Familia de (09/08/1947)
Historial:

Depositada pola familia do pintor en 1947 e comprada posteriormente o 6 de maio de 1949. (Datos en L. de Rexistro)

EXPOSICIÓNS:
Ano 1978: Xesús Corredoyra. Deputación Provincial, Colexio Calvo Sotelo, A Coruña, Agosto- Setembro.
Ano 1993: Xesús Corredoyra. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, Lugo, Oct- Dic.
Ano 1998: Pintores de Lugo I. Concello de Lugo, Museo Provincial de Lugo, 16 outubro-8 novembro.
Ano 2011-2012: Cerimonial, festa e liturgía na Catedral de Santiago, Cabildo da Catedral de Santiago- Consorcio de Sanrtiago, Iglesia de San Domingos de Bonaval, outubro de 2011- febreiro de 2012

Medidas:
Con marco: Altura = 221,8 cm; Anchura = 141,3 cm; Profundidade = 7,7 cm
Lenzo: Altura = 207 cm; Anchura = 128 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro