Imaxe:

Moeda

Cronoloxía:
1664

ANVERSO: PHILIPPVS (roseta) IIII (roseta) D (roseta) G (roseta). Busto de Felipe IV á dereita, cun punto na metade da cara.

REVERSO: HISPANIARVM REX 1664. Escudo coroado coas armas da monarquía, arriba, á dereita Castela e León, á esquerda Aragón e Sicilia-Nápoles; no centro, á dereita, Austria, á esquerda Borgoña; arriba, escudo pequeno, Portugal. Á esquerda do escudo, entre puntos, ·(vieira) / R· (marcas de ceca e do ensaiador) , á dereita, entre puntos, ·16 · (valor).

Ceca: A Coruña. Ensaiador: Inicial R, Roque de la Biala

Felipe IV. Dezaseis marabedís

Este tipo de moeda foi denominada popularmente como carilla debido a que, na emisión á que pertence, é característica a aparición do retrato de Felipe IV nos anversos das moedas.

Paz Bernardo (2002), nº 499, p. 135.

Cayón (2005), vol I, nº 5572, p. 643.

Folla técnica

Número de inventario:
3200
Materia / Soporte:
Vellón
Contexto cultural / Estilo:
Idade Moderna. Monarquía Hispánica
Cronoloxía:
1664
Clasificación:
Numismática
Procedencia:
Asignación. Doazón: Núñez Lendoiro, José (18/02/1964)
Medidas:
Moeda: Diámetro = 26 mm; Peso = 4,12 gr
Técnica:
Cuñaxe
Obxecto:
Moeda