Imaxe:

Moeda

Cronoloxía:
1686

ANVERSO: CAROLVS · II · D · G · HISPANIAR · REX . Escudo coroado con cuartelado de castelos e leóns e granada en punta, a esquerda e dereita, entre puntos, a marca de ceca e iniciais do ensaiador: (acueduto) - BR (enlazadas) . Todo rodeado de gráfila de puntos.

REVERSO: VIRTVTE · - PROTECTIONE / · 1686 ·. Anagrama Mariano (letras A e M enlazadas) baixo unha cruz, a esquerda e dereita da cruz marcas do valor, I - R.Todo rodeado de gráfila de puntos.

Ceca: Segovia. Ensaiador: Iniciais BR, Bernardo de Pedrera y Negrete.

Carlos II. Un real. O deseño relixioso que se elixiu para gravar no reverso terminou dando nome a esta moeda que foi coñecida popularmente como María.

Cayón & Castan (1991), nº 6570, tipo 21 A, p. 549.

Cayón (2005), vol I, nº 7249, tipo 21a, p. 778.
 

Folla técnica

Número de inventario:
1446
Materia / Soporte:
Prata
Contexto cultural / Estilo:
Idade Moderna. Monarquía Hispánica
Cronoloxía:
1686
Clasificación:
Numismática
Procedencia:
Depósito: Escolas Populares Gratuítas (20/02/1951)
Medidas:
Moeda: Diámetro = 20 mm; Peso = 2,21 gr
Técnica:
Cuñaxe
Obxecto:
Moeda