Imaxe:

Mujer saliendo del baño

Cronoloxía:
1915

Paisaxe costeira con cantís e pequenos illotes de rocas. Todos eles moi resaltados pola escuma branca no medio desas augas mariñas. Á dereita da composición e sobre unha roca, sitúase unha figura feminina espida que suxeita coas súas mans e cabeza unhas amplas e axitadas gasas brancas.

Folla técnica

Número de inventario:
639
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Impresionismo
Cronoloxía:
1915
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Costa
Procedencia:
Asignación. Compra: Chacón, Juan (27/05/1950)
Historial:

Foi adquirida a D. Juan Chacón Blanco, sendo Director do Museo D. José Seijo Rubio.
Referencia que aparece na parte posterior do cadro, no seu áng. sup. izq. e pintada: J. CH. B. / Muller saíndo do baño / (Costa Azul) / nº 1

Ano 1955: Expúxose na cea en honra do Xefe de Estado no Palacio Municipal, Concello da Coruña.
Ano 1956: Expúxose na cea en honra do Xefe de Estado Palacio Municipal, Concello da Coruña.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1983: Homenaxe a pintores coruñeses. Deputación provincial da Coruña. Sede:Colexio Calvo Sotelo

Medidas:
Con marco: Altura = 129 cm; Anchura = 153,5 cm; Profundidade = 6,5 cm
Lenzo: Altura = 111 cm; Anchura = 137,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro