Imaxe:

Niño con traje escocés

Autores/as:
Cronoloxía:
1878-1928

Figura de neno, de fronte e de pé. Viste traxe escocés, con gorro de pluma, chaquetiña, saia e banda cruzada ao peito. Apoia a súa man dereita na cadeira e coa esquerda suxeita unha bandeira sobre mastro rematado en punta de frecha. O fondo é neutro en tons claros. No século XIX produciuse un cambio radical con respecto á nenez. Por diversos motivos a sociedade centrou o seu interese neste período da vida, conferíndolle un recoñecemento tal, que cambiou o anterior desinterese ou descoñecemento. A burguesía acode ao xénero do retrato cun verdadeiro interese pola representación da familia. Son frecuentes as escenas cotiás en interiores domésticos, especialmente de nenos retratados cos seus xogos. O retrato infantil transmite un aire próximo e amable, vinculado aos conceptos de intimidade, fogar e familia propios do gusto burgués. Neno con traxe escocés, recolle a moda de representar os nenos vestidos de mariñeiros ou escoceses seguindo o modelo dos retratos da Familia Real inglesa.

Folla técnica

Número de inventario:
2898
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1878-1928
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Infantil
Procedencia:
Asignación. Doazón: Vilar del Valle, Amelia (12/06/1958)
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano 1976: Exposición antolóxica de Román Navarro. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo.
Ano 2011: Falsas aparencias. Miradas fragmentadas sobre a infancia. Concello de Ferrol, 28 de xaneiro ao 24 de abril de 2011.

Medidas:
Con marco: Altura = 40,8 cm; Anchura = 32,9 cm; Profundidade = 4 cm
Lenzo: Altura = 33 cm; Anchura = 24,7 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro