Imaxe:
Ofelia aldeana
Folla técnica
Número de inventario:
6360
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Simbolismo
Cronoloxía:
1922
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (21/07/2016)
Historial:
Con esta obra outórgaselle Segunda Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes no ano 1922.
Medidas:
Con marco: Altura = 95 cm; Anchura = 190,5 cm; Profundidade = 8,5 cm
Lenzo: Altura = 95 cm; Anchura = 190 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Escena na que unha muller xace tombada en primeiro plano ante unha paisaxe. O val rodeado por suaves lombas pode identificarse con O Caeiro (Cuntis, Pontevedra) onde o pintor pasaba tempadas de verán a principios dos anos vinte. A escena recrea, cunha adaptación ao mundo rural galaico, o personaxe de Ofelia da obra literaria Hamlet de William Shakespeare e é unha homenaxe á Ofelia realizada polo pintor J. E. Millais a mediados do século XIX. A obra rematouse cun marco ornamentado polo escultor Compostela (Francisco Vázquez Díaz), no que se engadiu a seguinte inscrición: D´unha mala fada morreu a probiña. A expresión mala fada refírese na cultura galega á acción maléfica dalgúns seres ou entidades. Era costume do pintor Juan Luís o completar o tema pictórico con valores literarios. A pintura está realizada sobre unha base de témpera que acentúa a factura mate característica do pintor que asume o clasicismo do Renacemento flamenco e italiano, en especial o estilo veneciano de Giorgione. Con esta obra outórgaselle Segunda Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes no ano 1922.