Imaxe:

Paisaje

Autores/as:
Cronoloxía:
1970

No lenzo represéntase unha paisaxe de marcadas tonalidades verdes e con gran cantidade de matices. A paisaxe é un dos xéneros pictóricos nos que Colmeiro desenvolverá a súa concepción plástica tras unha profunda reflexión. Recrea prados, arboledas e montañas dunha paisaxe onde as cores son os protagonistas. Os tons terrosos e grises dos anos trinta quedaron atrás para deixar paso aos verdes e azuis que a crítica describiu como fauvismo galaico, xa que nas súas paisaxes, inclúe unha referencia constante a Galicia.

Folla técnica

Número de inventario:
5221
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1970
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 62 cm; Anchura = 70 cm
Lenzo: Altura = 38 cm; Anchura = 46 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro