Paisaje bretón
Folla técnica
Procede das incautacións realizadas durante a Guerra Civil (1936--1939). O 15 do 10 de 1941 entrégase ao Museo, segundo consta nun recibo da Comisaría Xeral do Patrimonio Artístico. Por O.M. 19-12-1941 ingresa no Museo en calidade de Depósito. O 21-04-1942 deposítase para a súa custodia temporal no Concello da Coruña. O 16 de agosto de 1946 ten lugar a entrega da obra por parte do Ayuntamiento ao Museo Provincial de Belas Artes. Por medio do Decreto 10 de outubro de 1963 Nº 2527/63 a obra declárase propiedade do Estado.
REVERSO: Etiquetas, marco arriba: Xunta Delegada de Incautación / Protección e Salvamento do / Tesouro Artístico / nº de inventario: 13954 / procedencia: C. N. T./ Nº colec. 655. Etiqueta: Museo de Bellas Artes de la Coruña / Anastasi nº 271 Paisaje bretón
Marco, arriba, revés: 71. Bastidor, lateral dch., xiz: 5338
Marco, canto superior, tarxeta azul: 211.
Anastasi foi un paisajista que coñeceu a pintura ao aire libre da man de Camille Corot ao redor de Barbizon, nos arredores de París. Visitou a Bretaña francesa a finais da década dos anos sesenta e nesta paisaxe describe cunha visión realista unha extensa pradería na que hai algunhas árbores dispersas. En primeiro termo dúas pequenas figuras achéganse por un camiño esvaecido. No ceo, que ocupa unha ampla porción do cadro, hai formacións nubradas que alternan con claros, o que lle serve ao pintor para plasmar un coidadoso estudo dos efectos atmosféricos da luz que baña os elementos da paisaxe.
No bastidor consérvase parte do selo da venda ANASTASI, que sucedeu cando os compañeiros do pintor, que quedou cego en 1870, puxeron á venda en 1873 as obras do seu taller para axudarlle a sobrevivir. (O selo completo de lacre vermello componse de dúas letras A maiúsculas entrelazadas).