Paisaje de Granada
Folla técnica
Depositado polo Ministerio de Fomento por R.O. de 16-06-1896 na Escola de Artes e Oficios.
Pasou ao Museo de BB.AA. Por O.M. de 02-07-1946
EXPOSICIÓNS
Con esta obra obtén a Terceira Medalla na Exposición Nacional de 1892.
Ano 1983- 84. Homenaxe a Pintores Coruñeses. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo. Decembro 1983- Xaneiro 1984.
Ano 1984. Pintura do S. XIX nas Institucións. Concello da Coruña. Sede: Kiosco Alfonso. 21 Xuño- 5 Xullo.
Ano 1985. Impresionistas galegos. Concello da Coruña. Sede: Kiosco Alfonso. 15 Xuño- 5 Xullo.
Referencias a Exposicións, que aparecen na parte posterior do cadro: Etiquetas: Deputación da Coruña/ Exposición Pintores Coruñeses/ Num. 449/ Autor: Souto Cuero, Alfredo/ Título: Paisaxe de Granada/ Medidas Marco:_ Bastidor/ Técnica e soporte_/ Propietario: Museo Artes (Coruña)/ Domicilio_/ Incidencias.
Formado segundo as propostas realistas da época e coñecedor do paisaxismo madrileño de Carlos de Haes, Alfredo Souto vai seguir a senda dunha paisaxe realista que asimila as influencias locais dos diferentes sitios onde se establece para exercer a súa carreira xudicial. Así, a súa estancia en Granada dá título a este retrinco de paisaxe urbana realizada en pequeno formato con asunto tan do gusto da clientela burguesa da época.
Neste cadro apréciase a diferenza de paisaxes que pinta de Galicia respecto doutros que realiza de Andalucía. A cor desvela a súa localización meridional nos brancos da arquitectura, resaltados por esa incidencia lumínica sobre os seus encalados ou creando contrastes tonales nas zonas sombrías dos beirados.
Ademais desa luz, é de destacar o naturalismo con que transcribe a minuciosa calidade dos materiais e texturas das paredes, que nos trae ao recordo obras como La Torre de las Damas en la Alhambra de Granada ou La Aguadora pintadas por Martín Rico, un dos principais paisaxistas españois da época e que Alfredo Souto posiblemente coñecese pola súa participación nos frecuentes certames nacionais.
Igualmente podemos dicir dos parámetros compositivos que equilibran a horizontalidade das arquitecturas coa verticalidade que define o ciprés de evocación romántica. E, da harmonización que establece entre arquitectura e vexetación enriquecida ademais coa ornamentación floral e presenza de obxectos decorativos realizados tamén con minuciosa técnica. Que é todo elo, o que nos rememora paisaxes de Martín Rico pintados segundo o estilo preciosista que lle inspira Mariano Fortuny.