Imaxe:

Pilar de Castro Gómez, esposa del pintor, en su casa de Sergude

Cronoloxía:
1945[ca]

Retrato de figura feminina vestida con roupaxes negras e de cabelo recolleito, bordando nun bastidor e mirando ao espectador. É a esposa do pintor e atópase no interior da súa casa situada en Sergude (Bergantiños, A Coruña). Como retratista, capturará a imaxe da súa esposa, da súa nai e fillos en diferentes momentos das súas vidas. Será nas imaxes da súa familia onde máis liberdade terá Sotomayor para adoptar un trazo solto e rápido que lle permite captar intensas miradas capaces de falarnos do seu carácter e mesmo dos seus profundos sentimentos cara a eles.

Folla técnica

Número de inventario:
6430
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Triunfante
Cronoloxía:
1945[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Arquitectura. Interiores
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado
Medidas:
Con marco: Altura = 163 cm; Anchura = 145 cm; Profundidade = 9 cm
Lenzo: Altura = 130 cm; Anchura = 112 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro