Imaxe:
Prato
Folla técnica
Número de inventario:
893
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Pigmento metálico
Verniz
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)
Clasificación:
Louza
Sala:
Procedencia:
Asignación. Doazón: Irmáns Vilas Durán (05/02/1990)
Historial:
Depositada previamente por María Durán Cao (Vd. de Vilas) o 13 de abril de 1948. Doada en 1990 polos seus fillos.
Medidas:
Prato: Altura = 2,6 cm; Diámetro = 21,1 cm
Técnica:
Moldeado a esteque
Estampado (Cerámica)
Biscoitado
Vidrado
Obxecto:
Prato
Prato de sobremesa con contorno poligonal de 14 lados e estampado en cor sepia. O bordo aparece animado con orla de tipo isabelina, con estilizacións de follas con forma de rocalla e ramas. Escena decorativa central tomada do Quixote (Parte II. Cap. XVII), na que se narra a aventura cos leóns. Don Quixote a pé e coa espada aparece disposto a atacar a un león enxaulado.