Imaxe:
Puerto de A Coruña
Folla técnica
Número de inventario:
5337
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1896
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Escudero Arte e Decoración S.L. (14/11/2005)
Historial:
EXPOSICIÓNES:
Ano 2008: A Coruña, a cidade na arte. Museo de Belas Artes da Coruña.
Ano 2015. O primeiro Picasso. A Coruña. 2015. Organizada polo Museo Picasso de Barcelona e o Museo de Belas Artes da Coruña, Museo de Belas Artes da Coruña, 20 de feb / 24 de maio.
Medidas:
Con marco: Altura = 73 cm; Anchura = 130 cm; Profundidade = 6,4 cm
Lenzo: Altura = 40 cm; Anchura = 97 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Vista, coutada ao estilo fotográfico, dun mar completamente acougado e en cuxas augas se reflícten as sombras terrosas do muro. Á esquerda, un tramo de muralla anticípase a un recinto de grandes muros que encerra o xardín de San Carlos tras o que asoma un edificio branco (Hospital Militar). En fronte, unha illa co Castelo de San Antón flanqueado polas súas fortalezas.
Martínez Abades especializouse na pintura de mariñas e pintou preferentemente as paisaxes costeiras do mar Cantábrico e da Galicia atlántica. Nesta vista continua utilizando a súa composición habitual, caracterizada polo formato apaisado onde a liña do horizonte divide ao lenzo á metade, así como tamén destaca o estudo dos efectos da luz sobre a superficie dunha auga en calma e sen apenas movemento.
Esta obra forma parte do grupo das oito que presentou na Exposición Nacional de 1897.