Imaxe:

Retrato de Carola

Cronoloxía:
1976[ca]

González Pascual cultivou de forma esporádica o xénero do retrato ao longo da súa traxectoria artística. Foi no decenio dos anos setenta cando realizou a maior parte deles. Retrataba a persoas próximas, a familiares e amigos. De efecto tenebrista, sobre o fondo negro recórtase o contorno da figura de Carolina González Abad, en ricas variacións de grises, destacando o rostro, no que carga toda a forza expresiva grazas a un xesto moi marcado e a intensa mirada dos ollos.
 

Folla técnica

Número de inventario:
5248
Materia / Soporte:
Tablex
Cronoloxía:
1976[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 60 cm; Anchura = 49 cm
Taboleiro: Altura = 57 cm; Anchura = 45,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro