Imaxe:

Retrato de Cornelia Vetterlein

Autores/as:
Cronoloxía:
1880[ca]-1910[ca]

COPIA DE JOSEPH KARL STIELER

Figura feminina de medio corpo en tres cuartos cara á esquerda, situada diante dunha paisaxe con castelo ao fondo. Ten o pelo recolleito nun trenzado a ambos os dous lados da cabeza e un cordón de perlas sobre a fronte. Viste vestido de veludo granate e amplo colar. Marco de marfil. Copia asinada. A finais do século XIX e principios do XX, proliferou un mercado da chamada miniatura decorativa, tratábase de pezas seriadas, tanto pintadas como en impresións fotográficas coloreadas, que representaban personaxes históricos ou soados. Talvez uns das iconas máis reproducidas foron as copias dos retratos femininos realizados polo pintor alemán Karl Joseph Stieler para formar parte da Galería de Belezas, integrada por trinta e seis retratos das máis fermosas mulleres da nobreza e a clase media de Munich pintadas entre 1827 e 1850, e reunidos por Luís I de Baviera no pavillón sur do seu palacio das Ninfas.

A retratada: Cornelia Vetterlein (Alta Franconia, Baviera, 1808-1862)

Folla técnica

Número de inventario:
6231
Materia / Soporte:
Marfil
Cristal
Marfil
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1880[ca]-1910[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (07/08/2011)
Medidas:
Marco: Altura = 14,6 cm; Anchura = 12,7 cm; Profundidade = 1 cm
Miniatura: Altura = 8,5 cm; Anchura = 7,5 cm
Técnica:
Acuarela
Obxecto:
Miniatura