Imaxe:

Retrato de la mujer del pintor

Autores/as:
Cronoloxía:
1979

A representación da figura humana non adoita ser un tema recorrente na obra de Tenreiro, quedando reducida á súa serie de autorretratos que repite ao longo da súa produción. Neste caso atopámonos ante un perfil feminino, concretamente da muller coa que contraería matrimonio dous anos despois. Aínda que a paleta empregada poida lembrarnos a estética da súa pintura negra, desde o punto de vista estilístico é unha obra representativa da súa pintura de finais da década dos anos setenta. A intensidade cromática de anos antes dá paso a unha entoación practicamente monocroma, caracterizada por unha pincelada ampla.

Folla técnica

Número de inventario:
5244
Materia / Soporte:
Lenzo
Autores/as:
Cronoloxía:
1979
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Feminina
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 40,3 cm; Anchura = 35 cm
Lenzo: Altura = 27,5 cm; Anchura = 22,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro