Imaxe:
Retrato de niño
Folla técnica
Número de inventario:
643
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo; Realismo
Cronoloxía:
1822-1825
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (12/05/1947)
Historial:
Comprado polo Estado, por Real Orde do 16 de decembro de 1924 para destinalo ao extinto Museo de Arte Moderna. Por O.M. de 29-04-1947 deposítase no Museo Nacional del Prado.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1983-1984: El niño en el Museo del Prado. Museo del Prado, Madrid. Decembro- Febreiro
Ano 1983-85: Itinerante por 12 cidades.
Medidas:
Con marco: Altura = 66 cm; Anchura = 55 cm; Profundidade = 4 cm
Lenzo: Altura = 53,9 cm; Anchura = 43 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Sobre fondo neutro e escuro o pintor realiza o retrato de medio corpo dun adolescente que mira cara ao espectador á vez que levanta o índice da súa man esquerda en actitude de sinalar algo. Os guechos do cabelo enmarcan un rostro carente de expresión cuxos rasgos son trazados cunha gran precisión dibujística que denota a súa formación de raizame académica e clasicista. Soamente o colo da camisa rompe a sobriedade compositiva achegando cor e dinamismo nun afán de mostrar a súa evolución na época de madurez.
Segundo se recólle nas descricións do Museo do Prado sobre esta obra, Núñez Vernis, no seu estudo sobre o artista (1996), indica que pode tratarse do oitavo fillo do artista chamado Dionisio e nado en Madrid o 9 de outubro de 1807.