Imaxe:

Retrato de señora desconocida

Autores/as:
Cronoloxía:
1590[ca]-1600[ca] (Finales del siglo XVI)

Retrato de dama de medio corpo sobre fondo escuro. Viste traxe negro pechado ata o pescozo, rematado en gorgera de encaixe e adornado por colar de perlas. A cabeza está cuberta por unha toca de cabos dourada e coa man esquerda sostén a manilla dun monóculo.

Esta pintura, relacionada co exemplar conservado na colección Rosenbach (Philadelphia, inv. 1954.0630.047), podería ser o retrato de Margarita de Cardona ( h. 1535-1609). Margarita era filla de Antonio de Cardona e María de Requesens, quen en 1551 formaban parte do cortexo que acompañaba a María de Austria ata Viena tras a súa voda co seu primo Maximiliano II (Cruz Medina, Boletín del Museo del Prado, Núm. 55-57, 2019-2021, pp.69-84.)

Folla técnica

Número de inventario:
251
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Renacemento
Autores/as:
Cronoloxía:
1590[ca]-1600[ca] (Finales del siglo XVI)
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Estivo depositado no Concello da Coruña desde o 21-IV-1942 ata o 16-VIII-1946, por O.M. 19-12-1941.
Expúxose no ano 1955 na Cea de gala en honra ao Xefe de Estado. Pazo Municipal. 2 Setembro. Concello da Coruña. / Ano 1958: Pazo Municipal. 6 setembro. Cea de gala en honra ao Xefe de Estado. Concello da Coruña.
 

Medidas:
Con marco: Altura = 82 cm; Anchura = 75,5 cm; Profundidade = 7 cm
Lenzo: Altura = 63,3 cm; Anchura = 56 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro