Imaxe:

Retrato del naturalista D. Juan Lembeye

Cronoloxía:
1864

 

Retrato en formato ovalado que acentúa o espírito romántico da obra. O cabaleiro é presentado de medio corpo e de fronte ante un fondo neutro. Viste un traxe escuro, camisa branca e paxarela, ten bigote e perilla loura. Trátase do retrato, aos 48 anos idade, de Juan Lembeye y Lartaud (Ferrol, 1816-Culleredo, A Coruña, 1889), naturalista e ornitólogo que emigrou a Cuba onde se dedicou á docencia e á investigación. Antes de 1863 regresou a Galicia instalándose no Pazo de Liñares en Culleredo (A Coruña), localidade da que foi elixido alcalde en 1868, e desde entón dedicouse á agronomía, interese que compartía co pai de Emilia Pardo Bazán, con quen mantivo unha estreita amizade. Testemuño desa amizade é o misal que se conserva no Museo e que Lembeye entregou a Emilia como agasallo de voda.

Folla técnica

Número de inventario:
656
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1864
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Depósito: Instituto de Ensino Secundario Eusebio da Guarda (27/05/1947)
Historial:

Depositado en 1947 polo, entón chamado, Instituto de Ensino Medio da Coruña Eusebio da Guarda
Ano 1981. Lugar: A Coruña. Colexio Calvo Sotelo. 15- 31 de Agosto. Exposición Homenaxe a Pintores Composteláns.Deputación Provincial da Coruña.
óns>

Medidas:
Con marco: Altura = 84,5 cm; Anchura = 69 cm
Lenzo: Altura = 69,5 cm; Anchura = 55,2 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro